Participa!

Ti tamén podes ser un Gardián Sostible!

Contamos contigo para esta misión! O reto é combater a Climatrón e os efectos do cambio climático no mundo. Axudaremos a algúns animais para recuperar o seu hábitat natural mentres descubrimos como coidar da auga e facer as paces coa natureza.

O planeta é vida e todo está interconectado, se cada un de nós o protexe, este recuperará a súa riqueza natural e poderá ser a casa doutras persoas no futuro.

Lembra esta data, tes ata o 22 de marzo de 2024 para participar!