Autorización

“PARA AUTORIZAR A PARTICIPACIÓN DO SEU FILLO/A NO CONCURSO, DEBERÁ LER ATENTAMENTE OS DATOS DE PARTICIPACIÓN INTRODUCIDOS POLO SEU FILLO/A. AO AUTORIZAR A PARTICIPACIÓN DO SEU FILLO/A NO CONCURSO, VOSTEDE ACEPTA E CONFIRMA OS DATOS INTRODUCIDOS NO FORMULARIO POLO SEU FILLO/A.”.

Lin e acepto as Bases legais do concurso e consinto a participación no concurso do menor de idade do que son pai/nai/titor.

Para poder dar a coñecer a autoría da composición do seu fillo, necesitamos que nos dea o seu consentimento para utilizar a imaxe, nome, voz e/ou calquera outro dato de carácter persoal do menor de idade do que é titor/pai/nai, os cales poderán ser incluídos nas Redes Sociais de FCC AQUALIA, S.A. e/ou outros medios de comunicación, físicos e dixitais.

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 Xeral de Protección de Datos, do 27 de abril de 2016, da Lei Orgánica 3/2018 do 5 decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, do artigo 18 da Constitución Española e da Lei 1/1982, do 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe infórmase que os datos recollidos para a participación no concurso de debuxo serán tratados por FCC Aqualia S.A. (en adiante Aqualia ou a organización), con CIF nº A26019992 e domicilio social en C/ Federico Salmón 13, Madrid 28016, en calidade de Responsable do Tratamento.

Finalidade do tratamento: Difundir o Concurso, os seus resultados e as historias a través de distintos medios de comunicación (redes sociais, páxinas web, etc.).

  • Base xurídica do tratamento: o consentimento do interesado ou do seu representante legal (art. 6. 1.a. RGPD).

Tipos de datos tratados: Datos identificativos (nome, apelidos, colexio, concello y país).

Cesión de datos: Non está prevista a cesión dos datos a un terceiro, salvo obrigación legal. Así mesmo, tampouco está prevista a transferencia internacional dos mesmos.

Prazo de conservación dos datos: Os seus datos persoais conservaranse mentres dure o Concurso e a publicidade do mesmo, ou, no seu caso, a xestión da solicitude, ou solicite vostede a súa supresión. Unha vez finalizada esta difusión e/ou no seu caso a súa consulta ou suxestión, manteremos os seus datos persoais bloqueados durante os prazos de prescrición legal, unha vez transcorridos os mesmos, destruiremos os seus datos.

Exercicio de dereitos: Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, portabilidade ou oposición mediante solicitude escrita coa ref. "Protección de Datos" dirixida a FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, Dpto. Xestión de Clientes e Protección de Datos, Avda. do Camiño de Santiago 40, 28050 de Madrid ou cursando a súa petición a través de protecciondatos@aqualia.es. Finalmente, indicarlle que pode reclamar ante a autoridade de control (a Axencia Española de Protección de Datos, www.aepd.es).

* Coa sinatura da presente cláusula vostede declara e garante que foi informado debidamente sobre a información relativa á protección de datos do menor e autoriza expresamente o uso da súa imaxe para os fins especificados na presente cláusula. *

 

O responsable do tratamento é FCC AQUALIA, S.A. A finalidade coa que tratamos os seus datos persoais é a de tramitar e xestionar o concurso no que se inscribiu o seu fillo coa súa autorización. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais (nome e apelidos, imaxe, voz, correo electrónico e/ou calquera outro dato de carácter persoal) facilitados, correspondentes a vostede e ao seu fillo do que vostede é pai/nai/titor, é a execución e desenvolvemento do concurso, e o consentimento que prestou, cando corresponda, para o tratamento dos datos persoais correspondentes a vostede e ao seu fillo, do que vostede é pai/nai/titor, aplica á difusión destes nas Redes Sociais de FCC AQUALIA, S.A. e/ou outros medios de comunicación, físicos e dixitais. Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como a exercer outros dereitos vixentes, mediante solicitude escrita coa ref. "Protección de Datos" e fotocopia do DNI dirixida a FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, Dpto. Gestión de Clientes y Protección de Datos, Avda. del Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid ou cursando a súa petición cos mesmos requisitos a través de protecciondatos@aqualia.es

Se quere obter información sobre protección de datos, diríxase ao apartado “Protección de datos de carácter persoal” das Bases legais do concurso na páxina web http://www.aqualiaeods6.gal

 


Esta web utiliza cookies analíticas, técnicas, publicitarias e complementarias de contido externo, e a súa finalidade é a elaboración de perfís baseados nos hábitos de navegación do usuario. Estas cookies son propias e de terceiros. Máis información na nosa política de cookies. - Aceptar - Configurar