Bases

FCC Aqualia S.A. (en adiante, Aqualia ou a organización), con CIF n.º A26019992 e domicilio social na rúa Federico Salmón 13, Madrid 28016, organiza un concurso dixital (en adiante, o Concurso) que se rexerá con arranxo ás presentes bases legais (en adiante, as Bases).

Concurso

O Concurso organizado por Aqualia consiste na construción de composicións polos participantes a través da páxina web www.aqualiaeods6.gal (en adiante, A Plataforma), na que a rapazada terá que superar as diferentes etapas do reto, aprendendo a importancia de coidar da auga para deseñar un debuxo dun ecosistema cos elementos relacionados coa xestión do ciclo integral da auga, utilizando os diferentes elementos que poñemos ao seu dispor no sitio web.

Posteriormente, estas composicións serán avaliadas por parte dun xurado para determinar os gañadores nas distintas categorías existentes, sempre que cumpran co disposto nas presentes Bases.

Duración do Concurso

O Concurso é válido para todas as creacións cargadas na Plataforma desde as 00:00 horas (GMT+1) do día 26/01/2023 ata as 00:00 horas (GMT+1) do día 22/03/2023. Non se aceptarán no Concurso as creacións subidas fóra deste prazo de tempo.

O prazo esténdese ata o 3 de maio de 2023.

Se por causas de forza maior ou alleas ao control de Aqualia fose preciso adiar ou modificar a duración do Concurso, ou anulalo ou repetilo, este feito notificaráselle aos participantes a través da Plataforma ou por correo electrónico.

Descrición dos participantes

O Concurso organizado por Aqualia está destinado aos seguintes participantes:

  • De xeito individual, o alumnado que no momento da celebración do Concurso estea cursando 3.º e 4.º de Primaria nas escolas dos concellos onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga de España e Colombia.
  • De xeito colectivo, clases de 3.º ou 4.º de Primaria de escolas ou centros docentes situados nos concellos onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga.

Non se considerará válida a participación no Concurso de persoas físicas ou centros docentes que non cumpran cos requisitos indicados anteriormente.

Aceptación das Bases

A participación neste Concurso supón a aceptación íntegra das presentes Bases e a submisión expresa ás decisións interpretativas que destas mesmas efectúe a organización. Aqualia resérvase o dereito a descualificar os participantes que as incumpran e, especialmente, calquera participación que vaia en contra destas Bases.

Coa aceptación destas Bases, os participantes comprenden os seus termos e condicións e comprométense a cumprir coa normativa vixente que poida resultar de aplicación a este respecto, de modo que polo simple feito de participar no Concurso están prestando o seu consentimento a someterse ás Bases e á legalidade de forma total e irrevogable.

A manifestación en contrario do participante, independentemente de en que momento se realice, implicará a súa autoexclusión do Concurso e a liberación de Aqualia de calquera compromiso adquirido co participante.

As presentes Bases atópanse a dispor de calquera persoa que desexe consultalas a través da Plataforma www.aqualiaeods6.gal

Termos de participación

Para poder participar no Concurso, o interesado debe acceder á Plataforma.

Posteriormente, o participante deberá utilizar os medios que a Plataforma pon ao seu dispor para elaborar unha composición que deberá reflectir en que consiste a xestión do ciclo integral da auga.

A continuación, o participante deberá gardar o debuxo e posteriormente validalo. A Plataforma solicitará información propia do participante, así como o enderezo de correo electrónico dos seus pais, avós ou titores legais coa finalidade de obter a debida autorización destes para a correcta participación no Concurso do neno ou nena. Os debuxos elaborados non serán aceptados no Concurso se non inclúen a información solicitada ou a autorización dos pais ou titores, avós ou tíos no suposto que corresponda.

Unha vez validados e autorizados os debuxos, estes serán publicados na Plataforma, concretamente no apartado Aspirantes, dende onde se poderán compartir nas redes sociais Facebook, Twitter e Instagram.

O xurado decidirá os gañadores segundo a creatividade, orixinalidade e axuste ao tema do Concurso. Esta decisión será inapelable e dependerá unicamente do criterio do xurado.

Debe terse en conta que as valoracións que se poidan realizar dos debuxos a través das distintas redes sociais nas que se poden compartir non terán ningunha implicación no desenvolvemento do Concurso. Facebook, Twitter e Instagram non patrocinan, avalan nin administran de ningún modo o Concurso nin están asociados a este en ningún caso.

Aqualia resérvase o dereito a non entregar o premio do Concurso a calquera que trate ou chegue a defraudar, alterar ou inutilizar o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario do Concurso.

Requisitos para participar

  • Alumnado que estea estudando os cursos de 3.º ou 4.º de Primaria nas escolas dos concellos de España e Colombia onde Aqualia xestiona o ciclo integral da auga.
  • Clases de 3.º ou 4.º de Primaria de colexios ou centros docentes situados nos concellos de España e Colombia onde Aqualia presta o servizo.
  • Cumprir cos requisitos especificados no apartado «Termos de participación» das presentes Bases.
  • Non utilizar a participación no presente Concurso para: (i) difundir ideas políticas ou relixiosas, (ii) promover inxurias e/ou calumnias fronte a terceiros, (iii) usar linguaxe violenta, obscena e ofensiva, (iv) publicar contido diferente á temática do Concurso.

Comunicación de gañadores

A comunicación dos gañadores do Concurso levarase a cabo a partir do 5 de xuño de 2023, a través dos seguintes medios:

  • As oficinas de Aqualia naqueles concellos nos que xestione o ciclo integral da auga de España e Colombia.
  • A través da Plataforma www.aqualiaeods6.gal
  • A través do sitio web de Aqualia: www.aqualia.com

Premios

10 premios individuais: cada gañador recibirá unha tarxeta regalo cun valor de 250 € para material deportivo.

1 premio colectivo para a escola gañadora do debuxo colectivo realizado por unha clase. Obterá como premio unha tarxeta de 1.000 € para material educativo.

250 tarxetas regalo para material deportivo cun valor de 30 €, unha para cada finalista.

Os premios anteriores non poderán ser obxecto de cambio ou alteración a petición de ningún dos gañadores. Os premios serán entregados exclusivamente dentro do período de tempo que determine a organización.

Os finalistas e gañadores seleccionaranse entre todos os debuxos dos participantes, autorizados e finalizados de España e Colombia.

Protección de datos de carácter persoal

En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (en adiante, «RXPD») e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (en adiante, «LOPDGDD»), Aqualia infórmao de que os datos persoais do fillo, filla ou tutelado e do pai, nai ou titor ou do mestre da escola que realice a inscrición e que foron solicitados durante a inscrición no Concurso obtivéronse coa única finalidade de outorgar a autorización prevista na devandita normativa de Protección de Datos do menor de catorce anos a través da Plataforma www.aqualiaeods6.gal. Así mesmo, informámolo e vostede consente expresamente, se corresponde, que como pai/nai ou titor do menor participante no Concurso ou como profesor da escola, os datos persoais obtidos a través da Plataforma, así como os que se obteñan con motivo do desenvolvemento do Concurso, sexan tratados coas seguintes finalidades:

  • Xestionar a correcta participación no Concurso.
  • Tramitar a entrega dos premios.
  • Difundir o Concurso, os seus resultados e as historias por calquera medio de comunicación. Para esta finalidade poderanse comunicar de forma pública os datos persoais do menor de idade que resulten necesarios a través de diversos medios de comunicación (páxinas web, redes sociais, etc.).

Para o bo desenvolvemento do Concurso, será necesario que os datos persoais dos participantes obtidos a través da Plataforma e os facilitados para a entrega dos premios sexan veraces, completos e actuais, ao cal se comprometen os participantes a través da aceptación destas Bases. Se os datos de carácter persoal dun gañador do Concurso fosen incertos, falsos, incompletos ou non fosen actualizados de xeito que a identificación do gañador sexa imposible por medios razoables, Aqualia resérvase o dereito a descualificalos do Concurso e quedará libre de toda responsabilidade ao respecto.

A empresa responsable do tratamento é FCC AQUALIA, S.A., cuxo enderezo postal, a efectos de protección de datos persoais, é a Av. Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid.

Informámolo de que pode poñerse en contacto co Responsable de Protección de Datos, que é a persoa encargada do cumprimento desta normativa, no seguinte enderezo: protecciondatos@aqualia.es

Os seus datos persoais, como profesor da escola, os do pai/nai ou titor legal do menor de idade, así como os do propio menor de idade facilítanse co fin de permitir a inscrición, desenvolvemento e difusión do Concurso. Así mesmo, en caso de ser profesor da escola e outorgar o seu consentimento, trataranse os seus datos persoais para mantelo informado sobre futuras accións educativas realizadas por Aqualia.

En caso de enviar unha suxestión á «Caixa de correo de suxestións» o seus datos serán tratados coa finalidade de xestionar a súa solicitude de información e/ou consulta ou suxestión.

A lexitimación para o tratamento dos datos persoais facilitados é a execución e desenvolvemento do Concurso e o consentimento que prestou como pai/nai/titor do menor aplica para que este participe no Concurso e se utilice a súa imaxe, tal e como se informa. En caso de ser profesor da escola, os seus datos persoais poderán ser tratados, no caso de consentir o tratamento, para mantelo informado mediante o envío de información sobre accións educativas realizadas por Aqualia a través do correo electrónico proporcionado por vostede.

A lexitimación para o tratamento dos seus datos persoais relativos á «Caixa de correo de suxestións» é a de xestionar a súa solicitude e/ou consulta ou suxestión e o seu consentimento para levar a cabo esta acción.

Os seus datos persoais conservaranse mentres dure o Concurso e a publicidade deste ou, no seu caso, a xestión da solicitude, a non ser que solicite vostede a súa supresión. Unha vez finalizada esta difusión ou, no seu caso, a súa consulta ou suxestión, manteremos os seus datos persoais bloqueados durante os prazos de prescrición legal; unha vez transcorridos, destruirémolos.

Para o caso exposto anteriormente relativo ao envío de información ao profesor da escola, os seus datos persoais serán tratados para esta finalidade mentres sexa necesario para mantelo informado, a non ser que vostede retire o seu consentimento. Nese caso, manteremos os seus datos persoais bloqueados durante os prazos de prescrición legal; unha vez transcorridos, destruirémolos.

Os seus datos non son cedidos a ningún terceiro, a menos que esteamos obrigados por unha lei.

Os dereitos de protección de datos que poderá exercer son os seguintes:

  • Acceso: ten dereito a saber se estamos tratando os seus datos e, se corresponde, coñecer que datos persoais da súa titularidade estamos tratando.
  • Rectificación: vostede ten dereito a rectificar aqueles datos persoais que sexan inexactos.
  • Supresión: en determinadas circunstancias, poderá solicitar a supresión dos seus datos.
  • Limitación do tratamento: en determinadas circunstancias, vostede terá dereito a solicitarnos a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso informámolo de que unicamente os conservaremos para o exercicio ou defensa de reclamacións.
  • Portabilidade: vostede terá dereito a recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitase e aqueles que se xerasen durante a relación contractual, así como a transmitirllos a outra entidade.
  • Oposición: en determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, vostede terá dereito a opoñerse ao tratamento dos seus datos; nese caso, deixariamos de tratalos, agás que existan motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.
    Poderá exercer os devanditos dereitos mediante solicitude escrita coa ref. «Protección de Datos» e fotocopia do DNI dirixida a FOMENTO DE CONSTRUCCIONES Y CONTRATAS, Dpto. Gestión de Clientes y Protección de Datos, Avda. del Camino de Santiago 40, 28050 de Madrid ou cursando a súa petición cos mesmos requisitos a través de protecciondatos@aqualia.es
    Finalmente, indicámoslle que pode reclamar perante a autoridade de control.

Mediante a aceptación das presentes Bases, os representantes legais dos participantes que resulten declarados gañadores ceden a Aqualia, en exclusiva e con facultade de cesión a terceiros, os dereitos de imaxe que puidesen corresponderlles como consecuencia da súa participación no Concurso e que poderán ser obxecto de comunicación pública a través de diversos medios de comunicación (páxinas web, redes sociais, etc.).

Para ese fin, o representante legal do participante autoriza a Aqualia a utilización da imaxe (no caso de consentir o seu tratamento) e datos persoais do participante que poidan ser obtidos durante o desenvolvemento do Concurso, co fin de permitir a súa explotación mediante calquera modalidade, para todo o mundo e polo tempo que sexa necesario para a finalidade do tratamento.

Dereitos de propiedade intelectual

O participante garante que é o único titular dos dereitos de propiedade intelectual de cada unha das historias que se presenten ao Concurso e responsabilízase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas historias presentadas, así como de toda reclamación de terceiros por dereitos de imaxe e/ou de propiedade intelectual.

Adicionalmente, o participante cede a Aqualia os dereitos de explotación e difusión das fotografías a través de, sen carácter limitativo, medios de comunicación, exposicións, campañas publicitarias, redes sociais, páxinas web, etc. Así mesmo, o participante cede a Aqualia os dereitos patrimoniais que recaen sobre as historias sen limitación temporal e/ou espacial.

Responsabilidades

Aqualia resérvase o dereito de anular calquera participación ou a calquera participante, se se teñen sospeitas dunha manipulación incorrecta dos datos ou do Concurso.

A organización resérvase o dereito a rexeitar ou excluír da participación no Concurso a calquera participante que non reúna os requisitos descritos nas presentes bases e termos de participación ou contraveña as normas ou finalidade do Concurso.

A organización non se responsabiliza do mal funcionamento da Plataforma nin das posibles perdas de datos por problemas de correo electrónico e/ou polo mal funcionamento de internet.

Ademais, a organización exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, a pesar das medidas de seguridade adoptadas, puidesen deberse á utilización indebida dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada a través da Plataforma.

Nulidade

Se calquera previsión das presentes Bases fose declarada, total ou parcialmente, nula ou ineficaz, esa nulidade ou ineficacia afectará tan só á devandita disposición ou parte desta que resulte nula ou ineficaz, subsistindo en todo o demais o resto de Bases e téndose esa disposición ou a parte desta que resulte afectada por non posta, a non ser que, por resultar esencial ás presentes Bases, tivese que afectalas de forma integral.

Xurisdición e lei aplicable

As presentes Bases interpretaranse e rexeranse consonte a lexislación española. Para calquera cuestión litixiosa derivada da existencia, acceso, utilización ou contido das Bases, o participante e Aqualia renuncian expresamente a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someténdose á xurisdición e competencia exclusiva dos xulgados e tribunais de Madrid.