Como fago para participar?
O primeiro que debes facer é premer co rato sobre a palabra “Empeza!” que aparece no menú da web. A partir de aí, cubre os datos do pequeno formulario e comeza a túa aventura!
Teño que realizar o meu debuxo nunha soa vez ou podo empezalo pero rematalo noutro momento?
Si, podes empezalo cando queiras e gardalo sen “finalizar”, para volver acceder outro día ou as veces que queiras e continuar decorando a túa composición. Só debes ter en conta que debes finalizalo ao 100 % antes da data en que remata o Concurso, que podes consultar nas Bases.
Como pode autorizar a participación mamá ou papá?
É moi sinxelo:
Cando remata o prazo para participar no Concurso?
Podes consultar as datas de finalización do Concurso no apartado “Duración do Concurso” que se detalla nas Bases: http://www.aqualiaeods6.gal/bases
Cando se comunican os gañadores?
A partir do 5 de xuño de 2022, a través da propia web, así como nas oficinas de atención ao cliente de Aqualia. En función do número de participantes e o tempo que leve a súa revisión e valoración por parte do Xurado, a data de publicación dos gañadores pode variar máis ou menos, pero a previsión é que sexa ao longo do mes de setembro.
Como contacta Aqualia cos gañadores?
Unha vez que os gañadores son comunicados por parte de Aqualia, desde a empresa coordínase a través de Delegacións e Zonas territoriais a xestión de chamadas persoais a cada un dos gañadores por parte dun responsable de Aqualia, polo que o proceso pode levar un tempo debido a que, á súa vez, se coordinan entregas de premios con concellos, centros escolares, etc.